Blogia
EL BLOG DEL MERCANTIL

ADMISIÓN DE ALUMNOS CURSO 2016-2017

Información sobre o proceso de admisión 

Según o Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria e de bacharelato, reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. O periodo de reserva de praza no centro xa comenzou. Os alumnos matriculados neste curso 2015 / 2016 non necesitan facer reserva de praza para o vindeiro curso 2016 / 2017 pois xa se efectúa automáticamente. Sen prexuízo da garantía de permanencia, nais, pais ou representantes legais do alumnado poderán presentar solicitude de admisión noutro centro educativo na forma e dentro do prazo establecidos nesta ordee, ao mesmo tempo, deberán remitir ao centro de orixe copia da solicitude de admisión presentada no novo centro.

  

PROCESO ADMISIÓN / MATRICULACIÓN ALUMNADO CURSO 2016 / 2017

 Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

  • SORTEO PÚBLICO A EFECTOS DE DESEMPATE: antes do 1 de marzo.
  • PUBLICACIÓN DE POSTOS ESCOLARES VACANTES: antes do 1 de marzo.
  • PRESENTACIÓN SOLICITUDES ADMISIÓN: do 1 ao 29 de marzo.
  • PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMO: Do 1 ao 12 de abril.
  • LISTAXES PROVISIONAIS ADMITIDOS / NON ADMITIDOS: Antes do 25 de abril.
  • LISTAXES DEFINITIVAS ADMITIDOS / NON ADMITIDOS: Antes do 15 de maio.
  • FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA: Do 20 ao 30 de xuño.

Os impresos para realizar a solicitude de praza e para formalizar a matrícula poderán recollerse na secretaría do centro ou descargarse na páxina web da Consellería de Educación.

Documentación necesaria para realizar a solicitude:

  • Impreso debidamente cuberto e asinado. En caso de separación ou divorcio deberá vir asinada por ámbolos dous proxenitores.
  • Fotocopia do libro de familia onde apareza o/a alumno/a para o/a que se solicita praza e libro de familia para cotexala no Centro.
  • En caso de separación ou divorcio copia da resolución xudicial e orixinal  para ser cotexada polo Centro.
  • Certificado de matrícula.

 

O alumnado que ten reservada praza nun Centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

O alumno / alumna só poderá presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. De existir duplicidade de solicitude perderanse todos os dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

ÁREA DE INFLUENCIA DO CPR MERCANTIL  -   ZONA 9

 

Comprende a rúa da Paz, Peniche, López Mora, Travesas, Avenida de Castrelos e Corredoira de Valadares e a rúa de Tomás Paredes, seguindo pola rúa Porriño ata o cruce coa Avenida da Florida; e incluíndo nesta zona a Parroquia de Matamá (coa excepción da Barriada de Carneiras )

 

 

0 comentarios